A exposición abrirase ao público o 30 de Outubro ás 16.00 h.
DESFILES
Os desfiles terán lugar o sábado e o domingo.
Pasarela Internacional de Novos Deseñadores
Do 30 de outubro ao 1 de novembro de 2009
Un ano máis, a Pasarela Internacional de Novos Deseñadores ten como obxectivo servir de escaparate ás novas promesas do futuro da moda.
Este concurso, que se celebra cada ano en Vigo (Galicia), ofrece aos seus participantes a posibilidade de tomar contacto coa realidade do mercado laboral, mostrar os seus traballos e que poidan conseguir contactos empresariais que impulsen as súas carreiras.
En Galicia, grazas á Pasarela Internacional de Novos Deseñadores conseguimos ser o punto de referencia dos novos talentos da moda de toda España e Portugal.